O vindeiro día 12 de novembro levarase a cabo en Escena Galega as IV Xornadas das Artes Escénicas que tratarán o tema “O exercicio profesional nas artes escénicas”.
A intención destas xornadas é de xerar unha reflexión e un debate en torno á viabilidade da práctica escénica, as relacións laborais entre compañías e profesionais e por suposto, ás posibles alternativas á produción e distribución teatral na actual situación de parálise na que nos atopamos.
Nos arquivos adxuntos atoparedes o programa e a ficha de inscrición. A data límite para inscribirse é o luns 11 de novembro.