Crónica dunha desaparición? Sen salas, sen público, sen filmes ou talvez poderiamos pensar en filmes, en salas que programen os filmes, nun público en construción. Se preferimos a segunda situación temos algunhas cousas a favor: a aposta UNESCO polas políticas da diversidade e a tradición europea a prol do cinema como expresión das culturas nacionais. Dúas experiencias externas (Catalunya e Brasil) e un informe sobre lingua e audiovisual en Galicia serán os materiais de partida para esta xornada de debate coordinada por Margarita Ledo, da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega.
A sesión terá lugar o martes 3 de maio a partir das 16:15 horas e nela participarán Margarita Ledo, Ton Lladó, Miguel Anxo Fernández e Carlos Gerbase.
Para acudir á sesión é necesario confirmar presenza no correo difusion@consellodacultura.org
Máis información en: http://consellodacultura.org/?page_id=3442