XIV XORNADAS “MOSTRA DE CURTAMETRAXES”, ABERTO O PRAZO PARA INSCRIBIR OBRAS ATA O 5 DE DECEMBRO

20 / 11 / 2014

As XIV Xornadas “Mostra de Curtametraxes” do Ateneo Ferrolán, que terá lugar os días 17, 18 e 19 de decembro, fai un chamamento a todas as persoas interesadas en participar nestas xornadas, para achegarlles os seus traballos de menos de 20’ en formato DVD, preferentemente en lingua galega acompañado dunha ficha cumprimentada cos datos da curta e do director antes do día 5 de decembro para poder engadilos ao programa deste ano.

Os días 17, 18 e 19 de decembro de 2014, levaranse a cabo ás XIV Xornadas Mostra de Curtametraxes, comezadas no ano 2001 con grande interese do público en xeral.

Como lembranza do que foron estas Xornadas ao longo destes catorce anos de andadura dicir que na programación priman as curtas galegas e en galego pero que tamén dan paso para coñecer outros autores a nivel internacional.

Nestes días amosaremos curtametraxes e creacións de cineastas, case que sempre noveis, e con especial atención aos cineastas galegos e galegas en especial.

O obxectivo é dar a coñecer a un público amplo a calidade e variedade das curtametraxes, sobre todo das galegas. Estas xornadas están a converterse nun referente, por ser un esforzo realizado para divulgar a produción de curtametraxes, que en moitos casos fica agochada. Trátase de acceder a unha parte do audiovisual que atesoura gran calidade.

Máis info en http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2014/09/xiv-xornadas-mostra-de-curtametraxes-17.html

Categoría: Noticias
Etiquetas: