A curtametraxe «O Xigante», da produtora Abano Producións, foi galardoada co Premio do Xurado Popular á Mellor Curta no 45º Festival de Brasília do Cinema Brasileiro, Brasil.
Realizada con técnicas de animación 2D e 3D, é unha curta na que se pretende mostrar a fantástica viaxe que é crecer. «O Xigante» simboliza o corazón de todos os pais, homes e mulleres que, a través da súa mirada, revelan o mundo aos seus fillos axudándolles a construír o seu universo, a trazar os seus camiños, a corrixir calquera desvío no magnetismo do seu compás… e a deixalos marchar cando chegue o momento adecuado.
O filme, estreado o pasado mes de marzo, colleitou xa numerosas nominacións e premios nestes cinco meses de andaina:
· Festival de Cinema Español de Málaga 2012. Seleccionado a competición
· Curtocircuíto2012 (Santiago de Compostela). Finalista Mellor Animación Compostelae / Finalista Mellor Curta Galega Curtocircuíto 2012
· Animabasauri 2012. Seleccionado competición
· Festival de Cans 2012. Premio á Mellor Curta de Animación
· Lucas Kinderfilmfest 2012 (Frankfurt). Seleccionado a competición
· Divercine 2012 (Uruguai). Premio Xurado Internacional á Mellor Curta de Animación
· Festival Tofuzi 2012 (Xeorxia). Seleccionado para The Best Filme for Children
· Festival Cinanima 2012 (Portugal). Seleccionado Programa Infantil
O Festival de Brasília, que tivo a súa primeira edición en 1965, é un dos festivais máis prestixiosos en Brasil.
http://www.festbrasilia.com.br/noticias/premiao-45-festival-de-braslia-do-cinema-brasileiro