VIOLA, DE MATÍAS PIÑEIRO, NO CGAI

10 / 06 / 2013

O Centro Galego de Artes da Imaxe proxecta mañá martes día 11 de xaneiro (20.30 horas), con carácter de estrea, o filme arxentino Viola (2012) de Matías Piñeiro. O propio Matías Piñeiro presenta a película e ao rematar a proxección terá un encontro co público. A entrada é de balde.   VIOLA   

(Arxentina, 2012)
Dirección e guión: Matías Piñeiro. Produción: Revolver Films. Fotografía: Fernando Lockett. Intérpretes: María Villar, Agustina Muñoz. Duración: 65 minutos.
A recoñecida e coherente filmografía de Matías Piñeiro achega unha peza máis logo de excelentes títulos que puidemos ver no CGAI presentados –como nesta ocasión- polo seu autor: El hombre robado, Todos mienten ou Rosalinda. Partindo de novo de Shakespeare (Noite de Reis), conta a historia de Viola, unha moza que reparte películas gravadas en DVD e traballa para a empresa (pirata) do seu mozo, Metrópolis. Un filme lúdico e teatralizante, cheo de ritmo e que confirma plenamente o talento de Piñeiro.

Categoría: Noticias
Etiquetas: