A Academia Galega do Audiovisual proxectará mañá martes ás 19.30 horas, na sede da Fundación Caixa Galicia, as curtas presentadas aos Premis Gaudí deste ano, que se celebrarán o vindeiro día 17 de xaneiro en Barcelona. Esta actividade vén celebrándose dende o ano pasado, onde as curtas presentadas aos Premis Gaudí son proxectadas en Galicia, antes de recibiren os galardóns. Posteriormente tamén serán exhibidas as longametraxes premiadas. Do mesmo xeito, as obras que optan aos Premios Mestre Mateo, no capítulo de curtas e longas premiadas, tamén serán exhibidas en Cataluña.
Así, en Vigo, os asistentes poderán gozar co mellor do panorama audiovisual catalán: Radio Taxi, de Jordi Bueno; Les bessones del Carrer de Ponent, de Marc Riba e Anna Solanas; Espiz, de Martín Gutiérrez; Absència, de Javier Muñoz; Sinceridad, de Paco Caballero; Mi amigo invisible, de Pablo Larcuen; e El sueño de Rosetta, de Giovanni Quinti e Jaime Brañas.
Tedes máis información na web www.academiagalegadoaudiovisual.gal