Quedan moi poucos días para anotarse no obradoiro de danza e no obradoiro de cociña árabes que terán lugar os próximos días 23 e 30 deste mes de outubro no Hotel Meliá Araguaney, como parte do programa de actividades paralelas organizadas polo Festival Internacional de Cinema Euroárabe que este ano celebra a súa oitava edición.
O Obradoiro de Danza ofrecerá clases de baile a todo aquel interesado na música e os ritmos árabes, e serán impartidos por unha experta profesora e bailarina de danza oriental.
Por outra banda, os amantes da gastronomía árabe terán a oportunidade de participar no Obradoiro de Cociña organizado por. Durante o curso os participantes aprenderán diversas receitas que poderán degustar ao termo de cada unha das clases. Ambos os obradoiroes, de dous días de duración, comezarán ás 10:30 da mañá e terminarán ás 13:30.
A oferta formativa complétase cunha Masterclass impartida polo recoñecido músico e compositor exipcio Fathy Salama, destinada a profesionais do mundo da música. A Masterclass terá lugar o sábado 23 de outubro en horario de 10.30 a 13.30 no Hotel Meliá Araguaney.
Para máis información podedes consultar a páxina web do festival: ww.festivalamal.es