A partires do día 22 de setembro San Sebastián acollerá o desembarco da «expedición PRADOLONGO». Será un paso máis nunha aventura que comenzou en marzo pasado, cando o seu director e actores desenvolveron unha peculiar campaña de promoción en colexios, institutos e asociacións de todo tipo que, co apoio de internet, fixeron dunha película falada en galego de Valdeorras e de ambientación rural unha das producións máis rendibles e vistas do cine en Galicia, levando a xente de todas as idades e superando en moitas ocasións en permanencia, taquilla e espectadores ás produccións norteamericanas do momento.
PRADOLONGO é una historia de iniciación que retrata de fondo unha Galicia poucas veces vista ata agora no cine. Nela Raquel, Martiño e Armando son tres amigos que veñen cumprir a maioría de idade. O verán preséntase como todos os demáis, con festas, tardes no río…, pero esta vez nada vai ser igual. O amor que os dous xoves comezan a sentir por Raquel e a posible venda á empresa pizarreira do pai de Armando de Pradolongo -un prado de alta montaña pertencente á familia de Martiño- obrigaralles a replantexarse os seus soños e os vínculos que os mantiveron unidos dende a infancia. Os tres rapaces protagonistas Rubén Riós, Tamara Canosa e o debutante Robreto Porto están acompañados por un elenco de recoñecidos actores galegos nos distintos papeis de reparto.
O director Ignacio Vilar e os tres actores protagonistas estarán en Donostia a partir de hoxe, luns 22. A continuación detallamos os actos previstos para a película no marco do Festival de San Sebastián:
Martes 23 – 19:00 Cines Príncipe – Entrega do Premio Cidade de San Sebastián Film Commission, coa asistencia do xurado (Alicia Borrachero, Natalia Berbeke, Pascua Ortega e Manuel Hidalgo). Alí terá lugar unha presentación e coloquio cos actores e o director.
Martes 23 – 22:00. Hotel María Cristina. Festa de PRADOLONGO con produtos galegos e viño Godello de Valdeorras. Asistencia con invitación.
Miércores 24 – 14:00 Centro Kursaal. Cita Cóctel co Director. Coa asistencia dos actores e o director.
Miércoles 24 – 20:30 Cines Antiguo Berri (sala 6). Presentación e coloquio cos actores e o director.
Producida por Vía Láctea Filmes PRADOLONGO conta coa participación de TVG e coa axuda da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia, da Axencia Audiovisual Galega e da Deputación de Ourense. Tamén contou coa colaboración da Consellería de Innovación e Industria, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, da Secretaría Xeral de Comunicación Audiovisual, do Consorcio Audiovisual de Galicia, de Turgalicia e de Galicia Calidade.
PRADOLONGO é IV Premio Ciudad de san Sebastián Film Commission
Máis información:
www.pradolongo.net
www.meupradolongo.com