TIC TAC PRODUCCIONES PRESENTA A SÚA PRIMEIRA LONGAMETRAXE, «MANUEL Y ELISA»

5 / 11 / 2008

Tic Tac Producciones presenta o xoves 13 de novembro ás 20:00 horas no Teatro Principal de Santiago de Compostela, a súa primeira longametraxe, o documental “Manuel y Elisa”.
Sinopse do film:

Despois de 53 anos casados, Manuel Rodríguez e Elisa Flores seguen vivindo no lugar onde naceron, no Rosal, unha pequena poboación rural de Galicia, na fronteira norte entre España e Portugal. Os dous teñen as mans marcadas polo traballo e a súa vellez non consegue facelos cesar. Xuntos, con serenidade e disciplina, constrúen a cotián unha vida cargada de labores: facer as camas, cortar leña, queimar os restos de herba seca, pasear despois de comer, alimentar ós seus gatos, cargar terra, arranxar o remolque do seu tractor… Manuel y Elisa é un documental sobre as súas fazañas cotiás; unha historia de amor sen aloumiños e de convivencia sen palabras.

Categoría: Noticias
Etiquetas: