O equipo do documental El tiempo futuro leva todo un ano acompañando a Bárbara Iglesias e o seu equipo de bobsleigh nas diferentes competicións e aventuras que se lles puxeron por diante. Estiveron grabando en direrentes lugares de Europa o que será o documental da primera piloto española nesta especialidade. Un documental que fala de superación persoal e sacrificio por lograr aquelo que realmente añoramos e que se presentará por primeirea vez ao público mañá ás 16:00 no Festival de Cans.
Na presentación proxectarase un adianto de quince minutos e se contará coa presenza da súa protagonista, Bárbara Iglesias, e do equipo técnico, formado por Xoan Escudero (director), Sika Lamas (montadora), Analía G. Alonso (produtora), Hugo González e Isaura Docampo (fotógrafos) e Amaro Mariño (sonidista). O público terá a oportunidade de facerlles as preguntas e comentarios que crean oportuno.
El tiempo futuro está en fase de edición, aínda que falta unha última viaxe que o equipo deberá realizar a fináis de verán para pechar a historia. Fai unhas semanas pechaban con éxito unha campaña de crowdfunding na que máis de 100 mecenas fixeron as súas aportacións para que o documental poida terminarse.
Cans Xtremo, unha nova sección do Festival de Cans
O Festival de Cans capta cada ano as novas tendencias do ámbito da creación audiovisual galega. Os deportes extremos, o risco e a singularidade están abrendose un novo camiño e ao mesmo tempo captando un tipo de público que non é só cinéfilo, senon tamén amante da aventura e da exploración. Búscanse novas historias, búscanse novos públicos e a función de Cans é ser ese intermediario entre os directores e o público ávido de novidades.
É así como nace este ano Cans Xtremo, que inclúe ademáis da presentación de El tiempo futuro, a proxección dun fragmento de O eslabón perdido de Pablo Ces, un documental sobre Benito Santos, Bendecorme, un percebeiro e mergullador de Corme que se convertiu nunha referencia internacional do boulder, unha modalidade de escalada que se realiza en rochas de 4-5 m, sen máis axuda que a forza do escalador.