TEMOS QUE COLOCAR EN EUROPA A PRODUCCIÓN AUDIOVISUAL GALEGA. O EAVE OFRECE AS FERRAMENTAS PARA INTRODUCIRNOS NESA GRAN FAMILIA PARTINDO DA NOSA IDENTIDADE

28 / 09 / 2005

Partindo da nosa propia identidade e cultura, o audiovisual galego temos que aprender os mecanismos que nos permitan levar a nosa produción ós circuítos do mercado do mundo, pero especialmente, de Europa;. Estas foron algunhas das palabras pronunciadas por Enrique Nicanor, coordinador do Eave (Les Entrepreneurs de lAudiovisual européen-, un dos 20 programas do Media que ten a Unión Europea, no decurso do acto de presentación das xornadas que baixo este paraugas, comezan a celebrarse hoxe na Coruña;durarán ata o día 30- e culminarán coa semana do 24 ó 30 de outubro;ámbalas inclusive- en Santiago, onde as produtoras galegas e españolas seleccionadas polos seus proxectos, terán a oportunidade de participar activamente, nun ambiente profesional europeo man a man cos produtores, programadores e distribuidores máis salientables de Europa. Manuel Gómez, Enrique Nicanor, o Secretario de Comunicación Fernando Salgado e o Director Xeral de Comunicación Audiovisual Manuel Fernández presentaron este programa do Media da U.E.

TEMOS QUE COLOCAR EN EUROPA A PRODUCCIÓN AUDIOVISUAL GALEGA. O EAVE OFRECE AS FERRAMENTAS PARA INTRODUCIRNOS NESA GRAN FAMILIA PARTINDO DA NOSA IDENTIDADE

A.G.A., 28 setembro 2005.- Partindo da nosa propia identidade e cultura, o audiovisual galego temos que aprender os mecanismos que nos permitan levar a nosa produción ós circuítos do mercado do mundo, pero especialmente, de Europa”. Estas foron algunhas das palabras pronunciadas por Enrique Nicanor, coordinador do Eave (Les Entrepreneurs de lAudiovisual européen-, un dos 20 programas do Media que ten a Unión Europea, no decurso do acto de presentación das xornadas que baixo este paraugas, comezan a celebrarse hoxe na Coruña;durarán ata o día 30- e culminarán coa semana do 24 ó 30 de outubro;ámbalas inclusive- en Santiago, onde as produtoras galegas e españolas seleccionadas polos seus proxectos, terán a oportunidade de participar activamente, nun ambiente profesional europeo man a man cos produtores, programadores e distribuidores máis salientables de Europa.

Manolo Gómez, presidente da Academia Galega do Audiovisual, dixo previamente que este evento de grande alcance internacional, é froito dos debates xurdidos do segundo Congreso Galego do Audiovisual, co fin de abrir canles de proxección ó audiovisual galego no seu conxunto. Afirmou tamén que Galicia, concretamente a Academia, arrebatou a outras cidades europeas a celebración do EAVE, algo que debemos valorar na súa xusta medida, e esta celebración;que fora proposta ó anterior goberno da Xunta e non obtivo resposta algunha- débese á rápida resposta de apoio total do equipo actual no Goberno autonómico, xa que é unha herdanza que viña de antes, e sen embargo, respostaron con toda rapidez sen dubidar a entrega e o apoio ó noso sector coa celebración deste Eave.

Como dato significativo, Manolo Gómez informou de que en Europa hai nada menos que 4.000 millóns de euros para produccións audiovisuais, e anualmente, con este diñeiro público, axúdanse a 500 proxectos de toda a Unión: pero ningún deles é español, e moito menos, galego. Por iso, a importancia de introducir ó sector neste mercado, nesta cualificada posteriormente por Enrique Nicanor- grande familia á que hai que coñecer, na que cómpre integrarse, na que é fundamental saber quén é quen e quén move os fíos, quén ten capacidade de decisión. Todos estes axentes que moven o mercado audiovisual en Europa, son en boa parte os 51 decission makers; que veñen á semana do 24 ó 30 de outubro próximos, para seren engaiolados polos proxectos que se lles presente. Porque en realidade, as Sesións Preparatorias que hoxe comezan na Coruña e que serán tres intensas xornadas de traballo cos catorce proxectos e Produtoras seleccionadas, serven para formar polo miúdo ós produtores para namorar ós axentes europeos, facelos namorar deses proxectos audiovisuais, e que cheguen a acordos económicos coas produtoras de aquí, o que significa unha auténtica garantía á hora de proceder á súa rodaxe. Unha película xa feita ten difícil compra, sen embargo, un proxecto ben presentado e cunhas boas técnicas de venda, é máis aceptado porque o comprador pode participar do proceso, pode sentirse partícipe, e iso é o que se move en Europaafirmou Enrique Nicanor.

O coñecemento

Explicou tamén a importancia do coñecemento en tódalas técnicas de presentación dun proxecto, que é en definitiva no que se centra o Eave. E recalcou a carencia que en Galicia e en España carecemos de Avogados expertos no sector audiovisual, e iso é unha realidade constatable. O Eave pon a disposición na derradeira semana de outubro, eses avogados que asesorarán e darán forma ás negociacións con pleno coñecemento da lexislación que impera no sector.

Hai 18 anos que Europa levou adiante a iniciativa de crear para o continente un mercado único para que fose competitiva a cultura e a industria europea. Puxéronse en marcha os 20 programas do Media; diñeiro hai, pero non hai know-how, non hai coñecemento de cómo canalizar todo iso e cómo ser competitivos. Do mesmo xeito que Galicia está vendendo produtos no mercado, como o viño e outros produtos, temos que lograr vender as producións audiovisuais, pero antes, temos que aprender a vendelas. Isto ademais, salientou Enrique Nicanor, non significa renunciar á nosa cultura: antes ben, é facer productos audiovisuais con identidade galega, pero entendibles en todas partes. Eis a cuestión.

Un compromiso da Xunta

Pola súa parte, o director xeral de Comunicación Audiovisual Manuel Fernández afirmou que o apoio da Xunta á Academia Galega do Audiovisual co Eave, forma parte da estratexia do Goberno Autonómico de facilitar o camiño e o lanzamento do audiovisual en Galicia. Eu son experto en redes, nas do mundo da informática e demais, pero considero máis importante as redes humanas, esas ás que se refire Enrique Nicanor coas familias coas redes que se xeran en programas como o Eave afirmou, non sen antes agradecer á Academia o grande esforzo realizado para lograr traer o Eave a Galicia.

No mesmo sentido se manifestou Fernando Salgado, Secretario Xeral de Comunicación, quen quixo salientar ademais das felicitacións á Academia por este importante logro para Galicia- con rotundidade que para o Goberno Galego, o sector audiovisual é absolutamente estratéxico. É unha industria cultural moi complexa de por si, pero fundamental, e sobre todo se o analizamos con perspectiva de futuro. Fixo mención tamén á estreita complicidade que existe entre a Consellería de Cultura e a súa Secretaría Xeral para desenvolver a industria e apoiar os novos talentos do sector, difundir, comercializar os nosos productos e levalos ó mercado europeo, é fundamental. Levamos 20 anos de retraso, pero temos que facer o esforzo necesario para darlle o peso específico que o audiovisual galego precisa, concluíu.

Os proxectos seleccionados

Proxecto Produtora Provincia Xénero Ppto.
The struglle against Malaria
Jeronimus Productions e Atmósfera Producciones Portugal
e Madrid Documental
At home Dordoka Films Eukarya Barcelona Longametraxe de animación
Los muertos van deprisa Dygrafilms S.L. A Coruña Comedia
imagen real
One day on Earth Nezcom Micromovies Santiago Micromovies
de 30´´
Laboratorio ñ Voz Audiovisual A Coruña Documental Chatting Interacción Vigo Proyecto
Cross-media Serie para Internet
A Veciña Ciudadano Frame Santiago Longametraxe
Insha Allah
(Si dios quiere) Jose Luis Barrios
Producciones
Cinematográficas Burgos Longametraxe
(road movie)
La Maleta de Sofía Saga TV Santiago Longametraxe Documental

Flores Tristes Teo Manuel Abad y Santiago Longametraxe
Comunicasom Portugal documental
Conversas co Vento Ficción Santiago Longametraxe

Linko Killer Machine IB Cinema A Coruña Longametraxe

Os decission-makers

Un total de 51 persoas provintes dos núcleos de decisión máis importantes do sector en Europa, televisións públicas e privadas, distribuidoras…- son quen estarán na derradeira semana de outubro realizando xa as entrevistas cos produtores ós que lle foron aceptados os proxectos. Son os auténticos eixes de decisión, que se ven non son coñecidos popularmente, son os que teñen as claves de decisión sobre qué produtos mercar e distribuír e emitir nos cines e televisións europeas. Eles son:

Jesús González
Jefe de Programas Documentales TVE
José Ramón Vázquez
Jefe de Programas Dramáticos TVE
Jérôme Paillard
Directeur du Marché du Film, Festival de Cannes
Nadia Dresti
Directrice de l’Industry Office, Festival de Locarno
Amra Baksic-Camo
Directrice du Cinelink, Festival de Sarajevo
Anna Glogowski
Paris Cinema, Paris-Projects
André Michael
Executive Producer WDR www.wdr.de
Astala Erkki
TBC Head of Co-Productions YLE Television www.yle.fi
Auty Chris
CEO The Film Consortium Ltd. www.civiliancontent.com
Avril Philippe
Producer Unlimited www.unlimited-films.com
Baute Christian
Producer Celluloid Dreams www.celluloid-dreams.com
Bideau Nicolas
TBC Chef du Centre compétence pour la politique étrangère culturelle DFAE
Bober Philippe
Managing Director The Coproduction Office www.thecopro.de
Borgars Jenny
Head of the Development Fund UK Film Council www.ukfilmcouncil.org.uk
Briggs Jonathan
Director The OTHER media www.othermedia.com
Bruce-Smith Sue
TBC Head of Commercial Devolpment, Film Four Channel 4 Television www.filmfourproductions.com
Clarke Emma
Senior Executive – New Cinema Fund UK Film Council www.ukfilmcouncil.org.uk
Christiansen Kim
TV2 www.tv2.dk
Daleiden Guy
Director Film Fund Luxemburg www.filmfund.lu
De Castro Laura
Director Metro Tartan Distribution www.metrotartan.com
Diot Pascal
President Onoma
Ernst Andrea
Commissioning Editor WDR – ARTE-Redaktion www.wdr.de
Eskilsson Tomas
Managing Director Film I Väst www.filmivast.se
Garde Peter
Head of Business Affairs Zentropa Production
www.trust-film.dk
Gratton Paul
Vp – General Manager
Bravo ! Canada’s new style arts Channel www.bravo.ca
Heppell Hugo
Head of Production Screen Yorshire www.screenyorkshire.co.uk
Higginbottom Judith
TBC Head of Production Sgrin Cymru Wales www.sgrin.co.uk
Kent Eilish
Script Editor / Producer RTE www.rte.ie/tv
Krausz Danny
Managing Director Dor Film Produktionsgesellschaft M.B.H. www.dor-film.at
Kristiansen Jørgen
Head of Acquisitions Scanbox Entertainment www.scanbox.com
Lousberg Jan-Jacob
European Executive UK Film Council www.ukfilmcouncil.org.uk
Macrae Dan
Deputy Head of Development Fund UK Film Council www.ukfilmcouncil.org.uk
Menahem Pierre
Managing Director Scalpel
Nadermann Peter
Executive Director ZDF Enterprises www.zdf-enterprises.de
Ní Churraighín Deirbhile
Acquisitions Executive TG4 www.tg4.ie
Pieper Martin
TBC ZDF Enterprises www.zdf-enterprises.de
Powell Nik
Director National Film and Television School www.nftsfilm-tv.ac.uk
Reid Andrew
Head of Production NIFTC www.niftc.co.uk
Reilhac Michel
Cinema Director ARTE France Cinéma www.arte-tv.com
Reynaert Philippe
Managing Director Wallimage SA www.wallimage.be
Riley Ted
President Alliance Atlantis Communications Inc. www.allianceatlantis.com
Schmidt Manfred
Managing Director Mitteldeutsche Medienförderung www.mdm-foerderung.de
Teichmann Roland
Director Österreichisches Filminstitut www.filminstitut.at
Toth Judith
Sales – Marketing Manager Nonstop Sales www.nonstopsales.net
Truyen Barbara
Md Sales and Acquisitions Films Transit Amsterdam www.filmstransit.com
Van den Elshout Marit
Cinemart Coordinator International Film Festival Rotterdam www.filmfestivalrotterdam.com
Van Messel Esther
Managing Director First Hand Films – World Sales www.firsthandfilms.com
Wallace Petter
Project Coordinator Norks Film Fund www.nftf.net
Walak Robert
Acquisitions Manager Momentum Pictures www.momentumpictures.co.uk
Weber Michael
Managing Director Bavaria Film (will change !!!!)
Zawrel Peter
Managing Director Filmfonds Wien www.filmfonds-wien.at

Qué é o Eave

Les Entrepreneurs de lAudiovisual européen, EAVE, é un dos 20 programas de que se compón o macroprograma Media da Unión Europea. Poderíamos definila como a chamada ‘sesión de pitching internacional de proxectos de cine, documental e TV, toda unha tenda de traballo (work shop) para os promotores dos proxectos seleccionados. Este programa, que chega a Galicia da man da Academia Galega do Audiovisual, está dirixido ás empresas produtoras, distribuidores e programadores do sector audiovisual co obxectivo de que aprendan a vender e negociar en Europa os proxectos audiovisuais que realizan. O EAVE lévase a cabo coa colaboración da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Comunicación e da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, e será coordinado por Enrique Nicanor González.

EAVE é un ciclo formativo de un ano, composto por tres talleres asistenciais e unha titoría de longa distancia entre os diferentes talleres, ós que asistirán os 14 proxectos seleccionados (dos que 9 son galegos) para participar na que será a derradeira sesión, que será realizada en Santiago de Compostela do 24 ó 30 de outubro, e que será a máis importante, xa que estarán presentes os decision makers invitados pola organización europea. Son 51 produtores, programadores, distribuidores e commissing editors de gran relevancia en Europa.

A Academia convocou

Velaí a razón de que a Academia Galega do Audiovisual convocase ás empresas e profesionais tanto de Galicia coma do resto do estado español, para que antes do 21 de setembro enviasen aqueles proxectos sobre os que desexasen traballar e dos que se realizará a selección dos proxectos finais, e que hoxe foron comunicados. Son eles os que participen na Sesión Preparatoria Eave que se realizará durante 3 días na Coruña (Fundación Luís Seoane) -28, 29 e 30 de setembro- e que se centrarán nas técnicas de Packlaging de Proxectos Europeos –elaboración do conxunto do produto que se quere levar a cabo: guión, selección de director e actores, valoración do proxecto e orzamento-, Pitching –cómo sensibilizar ó comprador potencial para que merque o produto- e Co-producción.

Cada ano, este Programa Eave Media da U.E., organiza un ciclo de formación de longo prazo, composto por tres talleres asistenciais e unha titoría a longa distancia entre os diferentes talleres. Os dous primeiros, tratan sobre o desenvolvemento e presentación de produtos, e o terceiro presenta ós participantes no mercado. Xa en outubro, do 24 ó 30 inclusive en Santiago de Compostela, terá lugar o terceiro encontro do EAVE Media, no que 51 produtores europeos e profesionais asociados procedentes de 17 países, participen nunha sesión de pitching, decission makers, distribuidores e commissioning editors de tódolos países europeos que asisten, para interesarse pola coproducción, adquisición e distribución dos traballos expostos que foron seleccionados.

Nesta ocasión, EAVE ten unha característica especial por se celebrar en Galicia, e é que a Academia Galega do Audiovisual, solicitou, negociou e pactou coa organización do EAVE Media, a incorporación ó Programa de Actos deseñados especialmente para atender ás necesidades da producción galega.

Antecedentes

O EAVE foi creado en 1988 para produtores europeos, e conta con 48 participantes de países coma Reino Unido, Italia, Noruega, Francia… A primeira sesión celebrouse en Mondford, Luxemburgo, no mes de marzo; a segunda tivo lugar en Bergen, Noruega.

Ate o 2005, EAVE conta xa con 800 graduados. No pitching do ano pasado celebrado en Budapest, leváronse a cabo máis de 800 xuntanzas entre decisión, makers e participantes. No 1994, o coordinador internacional Enrique Nicanor González ocupaba o cargo de Xefe de Estudos de EAVE, e foi quen de organizar o EAVE Atlántico, entre Galicia, Gales, Bretaña e Portugal. A sesión en Galicia fora realizada na Coruña. Entre os 15 participantes de Galicia estaban daquela Manolo González –fundador da Escola de Imaxe e Son da Coruña, entre outras moitas responsabilidades e iniciativas que levou a cabo no sector audiovisual en Galicia-, Pepe Coira, Xosé Manuel Barreira e Pancho Casal. Daquela iniciativa, xurdiu a idea de organizarse no sector, que desembocou na creación da Asociación de Produtoras Independentes de Galicia, AGAPI.

Posteriormente, leváronse a cabo outras dúas edicións de EAVE en España, que tiveron lugar en Madrid e en Sevilla.

Categoría: Noticias
Etiquetas: