TALLER DE VIDEOARTE IMPARTIDO POR FÉLIX FERNÁNDEZ

8 / 10 / 2013

Do 19, 26 de outubro, 9, 16 e 23 de novembro de 2013 terá lugar no Museo de Arte Contemporánea Gas Natural de Fenosa un obradoiro de videoarte, impartido por Félix Fernández. O prazo de inscrición está aberto ata o 17 de outubro.

O tema central deste taller é a codificación da linguaxe artística na imaxe en movemento. A videoarte converteuse nas últimas décadas nun medio que abrangue as distintas disciplinas artísticas: pintura, escultura, fotografía, cine, escenografía, instalación, danza, performance. Con este obxecto, realizaremos unha análise dos elementos intrínsecos á linguaxe do vídeo, partindo do concepto das pezas e de como se estruturan temporal e secuencialmente; isto daranos paso a reflexionar sobre elementos como a cor, a luz e os planos. Para finalizar, o estudo da montaxe e a composición, permitiranos achegarnos a unha linguaxe tan multidisciplinar.

Segundo a aproximación á disciplina que o artista decida facer, se seguiron diferentes estratexias que van dende a repetición ata a fragmentación, pasando pola enumeración, a simultaneidade, o collage, o sincronismo (facendo referencia ao coreográfico), a simulación (realización de maquetas, disfraces), etc. A utilización destas ten moito que ver co xeito de abordar os temas a tratar. O enfoque e a temática están intimamente relacionado co xeito de contar. Con este taller preténdese que cada alumno aprenda a desenvolver unha linguaxe propia partindo de todos estes coñecementos.

Máis información en http://www.mac.gasnaturalfenosa.com/servlet/ficheros/1297136708145/34_informacion_general_cursos_y_talleres_videoarte_2013.pdf

Categoría: Noticias
Etiquetas: