TABÚ ESTE MÉRCORES 8 MAIO NO CINEBOX DE OURENSE

7 / 05 / 2013

O Cineclube Padre Feijoo reinicia o ciclo de Cine de Autor (tralo parón da festividade do 1 de maio) cun filme do novo cinema portugués, encadrado tamén dentro da programación do «Portugués perto», da vicerreitoría do campus de Ourense da Universidade de Vigo. Este mércores, 8 de maio de 2013, ás 18, 20:30 e 23 h., no Cinebox Ourense, proxectase “Tabú” (2012, Portugal) 118 min, de Miguel Gomes.

Guión: Miguel Gomes, Mariana Ricardo | Fotografía: Rui Poças (B&W) | Reparto: Teresa Madruga, Laura Soveral, Ana Moreira, Carloto Cotta, Henrique Espírito Santo, Isabel Muñoz Cardoso, Ivo Müller, Manuel Mesquita 

Productora: O Som e a Fúria / Radiotelevisão Portuguesa (RTP)  | Web oficial: http://www.the-match-factory.com/films/items/tabu.html | Distribuídora: Casa de Películas S.l. | Formato de exhibición: BluRay HD, Blanco e negro, Ratio; 1.37:1, Dolby dixital, VOSc (Versión orixinal en portugués, inglés e polaco, con subtítulos en castelán)

 

Premios

2012: Festival de Berlín: Premio FIPRESCI e Alfred Bauer

 

Xénero

Drama. Romance | África

 

Sinopse

As protagonistas son unha vella e temperamental dona, a súa criada de Cabo Verde e unha veciña entregada ás causas sociais. Trala morte da primeira, as outras dúas decátanse dun episodio do seu pasado: unha historia de amor, crime e aventuras ambientada en África.

 

Crítica

«O espectador acerta ver non só a película que Murnau rodou en 1931, senón a si mesmo escoitando a ferida de calquera amor posible. (…) Sinxelamente, e para non seguir liándoa, maxistral. Tan grande como a película orixinal»

(Luis Martínez, El Mundo)

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: