SHOOTIZE, A FORMA SINXELA DE XESTIONAR RODAXES DENDE A NUBE

8 / 01 / 2014

Shootize é unha ferramenta na nube destinada a planificar e xestionar as rodaxes audiovisuais nos seus distintos xéneros. É unha iniciativa na que colaboraron tres empresas Machango Studio, Recrea e Tecamedia, cuxo desenvolvemento levou preto de dous anos, finalmente, tras un período de tempo coa versión beta, xa se atopa dispoñible en internet a súa versión comercial (www.shootize.com) Unha das fases máis importantes, e máis custosas, da produción dunha película é a rodaxe. É o momento en que se dan cita as localizacións e os actores, o equipo e o resto dos recursos humanos e materiais que se utilizan para producir as películas que logo veremos nas salas, na televisión ou en internet.

Un numeroso grupo de Escolas dedicadas ao ensino do audiovisual xa asinaron o acordo de uso de Shootize, entre elas A EACI de Bogotá (Colombia), a Escola de Cine Documental de Caracas (Venezuela), A ECIB (Escola de cine de Barcelona), A Escola de Imaxe e Son de Vigo RTV ou o CEV e a ECAM, ambas de Madrid, ou o IMVAL de Bilbao, entre moitas outras.

Segundo a dirección de Shootize, Shootize é un instrumento para facilitar a produción, aforrar custos e mellorar a comunicación do equipo. Mellora a calidade da produción e está destinada a productores e axudantes de dirección, pero o seu uso é moi sinxelo e asequible tanto para profesionais como afeccionados. Ademais ten un enorme potencial no ensino.

Categoría: Noticias
Etiquetas: