Hoxe, luns 27 de xaneiro terá lugar a sesión de “Pitching” para presentar os proxectos finais de Ciclo Formativo de segundo curso a profesionais do sector. O xurado estará formado por Eduardo Rolland, Sonia Méndez, Pela del Álamo e Mariana Carballal.
Cada grupo presentará o seu traballo durante 20-25 minutos ao xurado e despois responderán ás preguntas que os membros do xurado teñan sobre a preprodución, financiamento, rodaxes, promoción… dos diferentes traballos.