A Escola de Cinematografía e do Audiovisual da Comunidade de Madrid ECAM chega ao Baixo as Estrelas. Ofrécese unha recompilación de oito curtametraxes de ficción da nova fornada de traballos da escola madrileña, este venres día 8 de xullo na praza de San Maritño a partir das 23.00h.
ANDROIDES | 16 min. | Dirección: María Pérez | Intérpretes: Gabriel Pérez, Aura Garrido, Diego Garrido, Isidro Montalvo, Mar Abascal.
Sinopse: Simón, un solitario adolescente, pasa un aburrido verán coa familia. Non ten amigos e no seu tempo libre tenta comunicarse cos extraterrestres por medio da súa imaxinación. As novas doutros planetas fanse esperar, pero unha nova e misteriosa veciña roubaralle o corazón.
ATASCO | 13 min. | Dirección: Anna Peris Lluch | Intérpretes: Beatriz Garrido, Miguel Ángel Fernández, Pau Cólera, Luis Arrasa.
Sinopse: Óscar está cara abaixo. Os seus pensamentos decorren entre o asfalto, os cristais, e uns zapatos vermellos. Laura, pola contra, está nun atasco. Os seus pensamentos fluctúan pechados dentrop do seu coche, entre as présas e os sons de claxon. Por que non avanzan?
DENTRO DEL BOSQUE | 15 min. | Dirección: Luis Caballero | Intérpretes: Sandra Arpa, Miguel Catarecha, Alejandro Navarro.
Sinopse: Rosa e Jesús, un matrimonio novo, conducen de noite por un espeso bosque. Cando Rosa descobre que non leva o seu bolso, Jesús detén o coche. Mentres ela busca por todo o vehículo, el entra no bosque para mexar. Ao non atopar o bolso, Rosa desiste e senta a esperar a Jesús. Pero Jesús non volve…
ESTOCOLMO | 14 min. | Dirección: Juan Francisco Viruega | Música: Alberto Rodríguez | Intérpretes: Rebeca Sala, Manolo Solo, Claudia Otero, Gustavo del Río.
Sinopse: Adela acaba de instalarse en Madrid co seu pai Claudio, un concertista retirado e ermitán. Os dous dedícanse a impartir clases de piano a nenos pequenos nun piso céntrico, silencioso e amoblado co xusto.
LA NADADORA | 10 min. | Dirección: Gemma Vidal | Guión: Almudena Cendrero | Produción: Rodrigo López (ECAM) | Fotografía: Ezequiel Sigotto | Montaxe: José Antonio Cepeda | Música: Gonzalo Solas | Intérpretes: Sandra Arpa, Miguel Catarecha, Silvia Tobar, Maximiliano Márquez.
Sinopse: Tras unha discusión, María sae a buscar á súa parella, pero el parece negarse a calquera tipo de reconciliación.
LIMBO |10 min. | Dirección: Álvaro Collado | Intérpretes: Marina Izquierdo, Fernando Méndez-Leite, Miguel Moreiras, Rosa Rocha, Xana Sousa.
Sinopse: Amence un novo día. Unha nai en estado de coma. Na casa, a rutina segue o seu curso, cos coiddos e coas visitas. Segundo entra o día, algo parece alterar a estancia, pero o reloxo sempre seguirá avanzando cara a un novo amencer. Un novo día.
LOS PLANES DE CECILIA | 12 min. | Dirección: Belén Gómez Sanz | Intérpretes: María Ruíz, Pablo Rivero, Xabier Elorriaga, Concha Goyanes.
Sinopse: Un día antes do seu 30 aniversario, Cecilia atopa un diario infantil cos seus proxectos de futuro; o malo é que aínda non conseguiu ningún. Pero aínda quedan 24 horas para cumprilos todos e converter a súa vida en perfecta.
TANATORIOS |16 min. | Dirección: Miguel Méndez | Guión: Eva Novo, Jorge Martín | Produción: Esther Estrada, Antonio Ramón (ECAM) | Fotografía: Carlos Terroso | Montaxe: Carlos Blas | Intérpretes: Juanjo Cabrera, Inés Blanco, Nacho Rubio.
Sinopse: Alba é unha rapaza con problemas de saúde que chega á cidade. Alí coñecerá a Amaro, un tipo cuxa principal afección é acudir aos tanatorios.