Unha curta de ficción e o mellor documental, premiados na pasada edición do festival euroárabe AMAL 2013. Estas son, as primeiras cintas deste luns 20 ás 20:30 e 23 h., na biblioteca nodal de Ourense. (Prégase puntualidade, porque aínda que son de balde, non se permite a entrada unha vez comezada a sesión). Título: «Ensemble»
Ano: 2011
País: Francia
Director: Mohamed Fekrane
Guión: Mohamed Fekrane e Paksao
Fotografía: Victor Dupuis
Reparto: Habib Kadi, Arsène Mosca, Clémence Thioly…
Duración: 17 min.
Produtores: Bruno Chatelin, Christophe Kay Kourdouly
Exhibición: Dixital HD Br · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital
Idioma: Francés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
París, 1942. Isaac, un neno xudeu, escapa dos nazis e refúxiase na gran mesquita de París. O Imán desta, Ahmed, axúdao e acólleo. Esta curta, baseada nunha historia real, amósanos a hospitalidade e cooperación xurdida entre a cultura musulmá e xudía no contexto de intolerancia e racismo do holocausto nazi.
Premios e mencións:
2012 · Festival AMAL: premio á mellor curtametraxe de ficción
Mohamed Fekrane é un director de cine francomarroquí. Licenciouse en Comunicación Audiovisual en París e en Dijon, e desde o 1994 traballou para a Paramount, Showtime TV e realizou dous capítulos de «24» para a Fox. Presentouse a distintos festivais de cine internacionais como Toronto, Sundance, Berlín e Dubai e está a preparar a súa primeira longametraxe que roda en Marrocos: «Injuste», sobre a vida do líder rifeño Abdelkrim El Khattabi.
Título: «Le thé ou l’electricité»
Ano: 2011
País: Bélxica | Marrocos
Director: Jérôme le Maire
Guión: Jérôme le Maire
Duración: 93 min.
Produtores: Isabelle Truc, Isabelle Mathy e Khadija Alami
Exhibición: Dixital HD Br · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital
Idioma: Francés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
«Le thé ou l´électricité» é a historia da modernización dunha pequena vila illada no corazón do Alto Atlas marroquí. No proceso enfróntanse dúas visións de futuro: mentres uns pensan que o progreso pasa pola construción dunha estrada, outros apostan pola chegada da electricidade. Pronto se decatan do complicado que resultará chegar a un acordo.
Premios e mencións:
2012 · Festival AMAL: premio ao mellor longametraxe documental.
Jérôme le Maire (Liege, Bélxica 1969) é un guionista e cámara belga. É tamén o director da longa de ficción «Le Grand’Tour» (seleccionado no Festival International de Rotterdam e en Cannes) e do documental «Où est l’amour dans a palmeraie?» nominado nos «European Academy Awards» aos premios «ARTE».