SEGUNDA EDICIÓN DA MOSTRA INTERNACIONAL DE VIDEOCREACIÓNS MIVICO 08

1 / 10 / 2008

A segunda edición da Mostra Internacional de videocreacions do Condado, MÍVICO:08, terá lugar do 12 de Setembro ao 5 de Outubro de 2008. MÍVICO é un evento cultural organizado por Quadra producións que trata de achegar a videocreación galega e internacional a terras do Condado.
Haberá unha primeira parte do festival que consistirá nunha mostra itinerante por distintos concellos da comarca onde se exhibirán algunha das obras elixidas polo comité de selección. Unha segunda parte do festival celebrarase os días 3, 4 e 5 de Outubro no auditorio da vila de Ponteareas onde o público poderá disfrutar da sección Zúmballe e da sección Oficial, ademais de poder votar a mellor videocreación Galego-Portuguesa.

Haberá un total de tres seccións:

a) Apartado para o documentario, sección ZÚMBALLE, onde poderase ver novas propostas do documentario máis comprometido.
b) Apartado para a videocreacción de ficción, curtametraxe, sección RUDOVICO.
c) Apartado para a videocreación EXPERIMENTAL.

Todos eles dentro da sección oficial.

A duración máxima dos traballos presentados non deberá exceder dos 30 minutos, excepcionalmente se aceptarán traballos de maior duración se así o considera o comité de selección.

Poderán participar na mostra toda aquela persoa que así o desexe, cun máximo de duas obras por persoa. Aceptaranse todo tipo de formatos cunha calidade óptima para a sua reprodución, sen límite no formato de gravación.

Máis información na web www.mivico.net

Categoría: Noticias
Etiquetas: