Durante os días 21, 22 e 23 de outubro a partir das 19.00 horas, a asociación Secuenciacero presentará o “7º Certame de Documental e Vídeo” no museo Verbum de Símil, en Vigo.
As obras presentadas a concurso están repartidas nas modalidades de videocreación, documental e curtametraxe de ficción, unha selección que representa un resume do actual panorama audiovisual.
O xurado deste ano son os gañadores da anterior edición Javier Chillón, Chus Domínguez, Vicent Gisbert e David Moreno. Para a clausura do festival o sábado 23 actuará o monologuista e cómico vigués Cándido Pazó.