RUBÉN COCA ESTREA EN MADRID O MÍNIMO COMÚN MÚLTIPLO

6 / 03 / 2009

O director e produtor ferrolán Rubén Coca estreará esta fin de semana nos Cines Verdi de Madrid a súa última curtametraxe cinematográfica: MINIMO COMÚN MULTIPLO, rodada integramente en Ferrol e na que participan os actores Alex Neira, Marta Larralde, Lourdes Sanmartín, Xoel Fernández, Rubén Riós e Fusa Guillén. 

A curtametraxe (sexta da filmografía do director ferrolán) narra a historia de Andrea (Marta Larralde), unha moza que vive instalada nunha rutina laboral e sentimental que se esnaquizará no momento máis insospeitado. Coca aposta con este filme por unha historia de amor contada en clave de suspense.  

Mínimo común múltiplo, rodada integramente en Ferrol e na que participan os actores Alex Neira, Marta Larralde, Lourdes Sanmartín, Xoel Fernández, Rubén Riós e Fusa Guillén, tende unha ponte entre a madurez e o mundo da infancia. En palabras do seu director «é unha película de recordos da nenez e de encontro coas amizades infantís perdidas co paso do tempo envolto todo nunha atmosfera de misterio e de suspense». 

A estrea madrileña da curta terá lugar nos Cines Verdi de Madrid o vindeiro sábado 7 de marzo ás 11’30 h. e contará con parte do equipo artístico e técnico da rodaxe. Desde o pasado 2 de marzo pode verse online esta curtametraxe na web da Axencia Audiovisual Galega FLOCOS.TV  no seguinte enlace: 

http://flocos.tv/curta/minimo-comun-multiplo/

 

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: