ROLDA DE PRENSA DE NOMINADOS PREMIOS MESTRE MATEO 2010

11 / 03 / 2011

Os Premios Mestre Mateo chegan a unha nova edición neste ano 2011. Nesta ocasión a entrega de galardóns terá lugar durante o transcurso dunha gala que se celebrará o domingo 17 de abril no Auditorio Municipal de Ourense.

Para comezar cos actos programados, convocámosvos á rolda de prensa que se celebrará o vindeiro martes 15 de marzo ás 11.30 horas no Palacio de Exposiciones Kiosco Alfonso da Coruña, onde se dará a coñecer a listaxe de nominados aos Premios Mestre Mateo 2010.

A rolda de prensa estará presidida pola actriz e vogal da xunta directiva da Academia Galega do Audiovisual, Rosa Álvarez, á que acompañarán a tamén actriz Camila Bossa e o actor  Rubén Riós, que serán os encargados de dar a listaxe de nominados.

Camila Bossa foi galardoada co Premio Mestre Mateo á mellor actriz de reparto no ano 2010 por Matalobos, o que supuxo a súa segunda distinción despois de que o gañara no ano 2004 por O Ano da Carracha.

Pola súa parte, a produción dirixida por Rubén Riós, Coser e Cantar, acadou, conxuntamente con O Elixido de Chema Gagino, o Premio Mestre Mateo 2009 á mellor curtametraxe de ficción, categoría na que xa gañara no ano 2007 por Adeus Edrada?.

O Palacio de Exposiciones Kiosco Alfonso da Coruña está situado na Avenida Jardines de Méndez Núñez, nº 3. Podedes ver a súa localización en Google Maps na seguinte ligazón:

http://maps.google.es/maps/place?oe=utf-8&rls=org.mozilla:es-ES:official&client=firefox-a&um=1&ie=UTF-8&q=kiosco+alfonso+A+Coru%C3%B1a&fb=1&gl=es&hq=kiosco+alfonso&hnear=A+Coru%C3%B1a&cid=13389986820861975242

Etiquetas: