REMATA A EXHIBICIÓN DAS OBRAS GAÑADORAS NA IX EDICIÓN DOS PREMIOS MESTRE MATEO

24 / 06 / 2011

O CGAI proxectará, este sábado 25 de xuño a partir das 18.00 horas, a última das obras do ciclo que trouxo ao CGAI algunhas das producións gañadoras na última edición dos Premios Mestre Mateo. Radiografía dun autor de tebeos, de Marcos Nine, que se fixo co premio na categoría de mellor documental, pechará a programación adicada aos galardóns que entrega a Academia Galega do  Audiovisual.

Asi mesmo, tamén se exhibirá a primeira das cintas premiadas na última edición dos Premis Gaudí, en virtude do acordo de colaboración entre a Academia Galega do Audiovisual e a Acadèmia del Cinema Català. Trátase de A tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol, filme que acadou o galardón de mellor película de animación, e que conta cunha importante participación galega. O segundo dos filmes exhibidos gañadores nos III Premis Gaudí será Pa Negre, encargada de abrir a vindeira tempada no CGAI.

Será o mesmo Marcos Nine, director de Radiografía dun autor de tebeos, o que asista á charla coloquio que se levará a cabo despois da proxección do seu filme. En representación de A tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol, acudirá á charla a súa produtora executiva, Chelo Loureiro.

Etiquetas: