Solventados os problemas técnicos co proxector de DCP que obrigaron a suspender os pases do pasado domingo, as películas de selección oficial El Rayo e Kohlhaas ou a proporcionalidade dos medios terán cadanseu terceiro pase o venres 22 de novembro. Ambos filmes xa foron proxectados sen problemas, pero para estar en igualdade de condicións co resto das películas de competición recuperarán o horario das suspensións o venres de xeito que cada película en loita polas Calpurnias teña un pase ás 17:30h, outro ás 20:00h e outro ás 22:30h. A gran damnificada deste cambio é a portuguesa Operação Outono, que cae da programación. En calquera caso, a grella para o venres queda do seguinte xeito:
|
Sala azul |
Sala vermella |
Sala principal |
17:30h |
Blue Valentine |
Las imágenes perdidas.. |
Mapa |
20:00h |
Kohlhaas… |
Noche de vino y copas |
Searching for sugar man |
22:30h |
El Rayo |
Violeta se fue a los cielos |
Mapa |
CONVOCATORIAS PARA o MÉRCORES 20 de NOVEMBRO
- 10:00h | El Tragaluz – pza. de San Martiño – Almorzos entre directores—
Laila Pakalnina, directora de Pizzas | selección oficial competitiva
JT Villalobos, director de Mulberry Stains | selección oficial competitiva
Fernando Cortizo, director de O Apóstolo | OUFFescola
- 11:00h | Auditorio – O Apóstolo [FOTOS!] rapaces de educación primaria: previsión de 700.
- 20:00h | Teatro Principal – Entrega do Premio Cidade de Ourense a Pedro Olea + proxección de El bosque del lobo