Mañá mércores ás 20.30h temos unha nova cita no Centro Ágora cun dobre programa: proxección do documental Godot Saraievo + Representación teatral Á espera de Godot. Todo un alegato do absurdo da guerra. A entrada é libre.
Aproveitamos tamén para informarvos de que segue aberto o prazo para inscribirse nas vindeiras xornadas de RÁFAGAS:
§ Conflitos, xornalismo e arte: cuestión éticas – 29 e 30 de novembro
§ Ráfagas de educación para a paz – 3 e 4 e decembro (en colaboración coa UDC)
As xornadas son gratuitas pero é preciso inscribirse.Toda a información e inscricións en: www.rafagas.org e no arquivo adxunto.