«RAFAEL», a longametraxe de Xavier Bermúdez producida por Xamalú Filmes en coprodución con Televisión de Galicia, foi seleccionada para participar na Sección Oficial do Festival de Málaga que se celebrará do 4 ao 12 de abril próximo.
«RAFAEL» será proxectada na súa versión original en galego con subtítulos en castelán. O seu reparto, de
algo máis de vinte actores, está constituído totalmente por actores e actrices galegos. E foi Íntegramente rodada en Galicia: na Coruña fundamentalmente, pero tamén en Carballo, Santa Cristina e Paderne.
Está protagonizada por Manuel Cortés. Acompáñanlle, entre outros, María Tasende, Nerea Barros, Sonia Méndez, a nena Cecilia Viyella e Pilar Pereira.
Mais información en www.xamalufilmes.com e www.festivaldemalaga.es