O profesor titular de Comunicación Audiovisual da Universidade Complutense de Madrid, Rafael Rodríguez Tranche, abre o seminario “Galicia en NO-DO: Comunicación, cultura e sociedade (1942-1981)”, dirixido polo tamén catedrático José Luis Castro de Paz, que se celebra mañá 12 de marzo na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.
Este seminario nace gracias á cesión, por parte do Ministerio de Cultura, de copia dixital das imaxes referentes a Galicia emanadas polo NO-DO (Noticiarios y Documentales Cinematográficos) ao Centro Galego de Artes da Imaxe, e a posterior concesión dunha axuda por parte da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Consellería e Industria da Xunta de Galicia ao Proxecto de Investigación “Galicia en NO-DO: Comunicación, cultura e sociedade (1942-1981)”, que leva a cabo un equipo interdisciplinar dependente do Departamento de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, e do que José Luis Castro de Paz é o principal investigador.
A xornada adicada ao NO-DO comezará a partir das 11.00 horas coa conferencia de Rafael Rodríguez Tranche, coauto do libro NO-DO. El tiempo y la memoria (Edicións Cátedra, Filmoteca Española). O Presidente da Asociación Española de Historiadores del Cine, Julio Pérez Perucha, continuará co seminario ás 13.00 horas.
A partir das 17.00 horas Alfonso Ramos retomará a sesión, na que falará como Responsable de Investigación de Fondos Fílmicos de Filmoteca Española. Así, o seminario rematará coa mesa redonda programada para as 18.00 horas coa presenza da Catedrática de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela e cineasta, Margarita Ledo Andión; José Luis Castro de Paz, Catedrático de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela; e Enrique Castelló, profesor Titular de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela e tamén membro do equipo de investigación do Proxecto “Galicia en NO-DO: Comunicación, cultura e sociedade (1942-1981)”.