PUBLICIDADE E CONTRATACIÓN AUDIOVISUAL CENTRAN AS SESIÓNS DA VINDEIRA SEMANA NO MPXA

7 / 05 / 2013

Pedro Tendero, director de asesoría xurídica de Boomerang TV, e Luis Vicéns, director xeral de Vicocom, estarán os vindeiros días no Máster en Produción e Xestión Audiovisual (MPXA), título propio da Universidade da Coruña que desenvolve Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, para falar sobre contratación e publicidade en televisión.

O vindeiro luns 13, Pedro Tendero explicará as claves xurídicas da contratación audiovisual no sector televisivo e, en particular, a propiedade intelectual e industrial, e falará tamén dos dereitos sobre os formatos audiovisuais. Durante a sesión, os alumnos analizarán contratos tipo.

Tendero traballou durante catro anos na asesoría xurídica do Grupo Antena 3 Televisión como responsable da area de contencioso e, posteriormente, como subdirector do departamento e responsable da area de contratación e contidos. No ano 2001 incorpórase á empresa SZENA do Grupo Admira (Telefónica) como director de asesoría xurídica e, en 2007, comenzou a traballar en Boomerang TV como director da asesoría xurídica do grupo.

Luis Vicéns, pola súa parte, estará o mércoles 15 no MPXA para falar de publicidade. Durante a sesión, o director xeral de Vivocom abordará o proceso comercial, os axentes do mercado e a medición de audiencia en televisión e analizará ademais, a evolución da inversión publicitaria e a publicidade na televisión convencional e non convencional.

Vicéns foi director financieiro de Sogepag, filial de Sogecable, e xerente de planificación e riscos de tesorería e subdirector de compras do grupo Sogecable. Con anterioridade, foi director de Sogecable Media. En 2011 fundou Katanga Gestión de Contidos e, ao mesmo tempo, foi nomeado adxunto ao director xeral de desenvolvemento de negocio de Vértice 360 ata o seu ingreso en Vivocom.

Categoría: Noticias
Etiquetas: