O Centro Galego de Artes da Imaxe proxecta mañá mércores día 8 de maio (18.00 e 20.30 horas) a copia restaurada dun titulo de culto da historia do cine español, VIDA EN SOMBRAS (1948) de Lorenzo Llobet-Gràcia. VIDA EN SOMBRAS
(España, 1948)
Dirección e guión: Lorenzo Llobet-Gràcia. Produción: Castilla Films. Fotografía: Salvador Torres Garriga. Intérpretes: Fernando Fernán-Gómez, María Dolores Pradera, Isabel de Pomés. Duración: 90 minutos.
Barcelona, inicios do século XX. O matrimonio Durán acode á gran novidade do momento, “o cinematógrafo Lumière”. Alí, en tanto contemplan o espectáculo, nace o seu fillo Carlos. Carlos medra e convértese nun grande afeccionado ao cine e comeza a realizar películas caseiras. En 1929 gaña un premio por unha película experimental sobre a Exposición de Barcelona. Casa con Ana. Un dos grandes títulos de culto da historia do cine español, agora con copia en DCP froito dunha restauración. Clarividente e fascinante, un filme telúrico e fermoso que percorre guerra civil española, morte, amor, desexo latente e unha rotunda e sutil reflexión sobre a propia imaxe fílmica.