PROXECCIÓN SOLIDARIA CON HAITÏ EN FILMAX A CORUÑA

26 / 01 / 2010

Este xoves día 28 de xaneiro ás 22:15, Cines Filmax A Coruña emitirá un pase en solidariedade co que está a suceder en Haití, e por iso doará a recadación íntegra a Cruz Vermella. A proxección será do oscarizado filme “Slumdog Millonaire” e a entrada terá un prezo moi especial de tan só 3 euros. Con esta proxección Cines Filmax a Coruña empresa que pertence o Grupo Filmax, pretende facer unha pequena contribución en axuda dos damnificados nesta traxedia.

Categoría: Noticias
Etiquetas: