A piques de rematar ano e ciclo de Filmes Seleccionados, este mércores 12 de decembro ás 18, 20.30 e 23.00h no Cinebox Ourense proxéctase “As neves do Kilimanxaro”.
As neves do Kilimanxaro (Les neiges du Kilimandjaro)
(2011, Francia)
Dirección: Robert Guédiguian | Guión: Robert Guédiguian (Baseado nun poema de Victor Hugo)
Música: Pascal Mayer | Fotografía: Pierre Milon | Intérptetes: Ariane Ascaride, Jean-Pierre Darroussin, Gérard Meylan | Produtora: Agat Films & Cie / Ex Nihilo / France 3 Cinéma | Distribuídora en España: Golem | Duración: 109 min. | Cor | Formato: 35 mm (1.85:1) | Son: Dolby dixital | Lingua: Francés VOS castelá.
- Premios e mencións
Premio do Público e Espiga de Plata na SEMINCI 2011 (Festival de Valladolid)
Nominada á mellor actriz (Ariane Ascaride) nos Premios Cesar 2011 e sección oficial a concurso (sección «Un certain regard») no Festival de Cannes
· Sipnose
A pesar de perder o seu traballo, Michel vive feliz con Marie-Claire desde fai trinta anos. Os seu fillos e netos o enchen de ledicia. Ten amigos moi cercanos. Están orgullosos das súas actividades sindicais e políticas. As súas conciencias son tan transparentes como as súas miradas. Pero ese benestar salta polos aires cando dous homes armados e enmascarados os golpean, atan, e fuxen coas súas tarxetas de crédito.
…e a vindeira semana; Proxección sopresa (depende da elección dos espectadores)
(Un trhiller ou unha comedia?)
Pistas sobre os filmes opcionais; a crítica dixo sobre eles…
- Opción 1:
«Thriller contemporáneo delicioso. (…) pura e desagradable diversión. (Stephen Holden, The New York Times)
«Thriller apaixoante” (Anna Smith, Empire)
· Opción 2:
«Espléndidamente fotografada cun tono monocromático que evoca á ‘Manhattan’ de Woody Allen” (Patrick Peters, Empire)
«Romántica comedia, con diálogos brilantes e persoaxes que van medrando en intensidade” (Jordi Batlle, Fotogramas)
· + pistas
(Temos un video que anuncia a programación deste ciclo, onde se destapan algunhas imaxes dos filmes opcionais para o programa sorpresa; http://www.youtube.com/watch?v=hvfa-XYsl34)