PROXECCIÓN DE MASTERPLAN NO CGAI

16 / 04 / 2013

O Centro Galego de Artes da Imaxe estrea hoxe, martes 16 de abril, dentro da sección “Fóra de serie” a comedia arxentina dos irmáns Levy (Pablo e Diego) Masterplan (2012).
MASTERPLAN     

(Arxentina, 2012)
Dirección: Pablo e Diego Levy. Guión: Marcelo Panozzo, Pablo e Diego Levy. Produción: BD Cine. Fotografía: Pablo Añeli, Pablo e Diego Levy. Intérpretes: Alan Sabbagh, Paula Grinszpan. Duración: 87 minutos.  
Mariano, un mozo algo neurótico a piques de casar, tenta una estafa cunha tarxeta de crédito coa fin de ter o seu piso de casado en condicións. Comedia de enredo sinxela e brillante, posúe un moi bo ritmo e a colaboración no guión do crítico e director do BAFICI Marcelo Panozzo. Os irmáns Levy recuperan ata personaxes do documental anterior.  

Categoría: Noticias
Etiquetas: