Mañá, sábado 19 de outubro ás 18.00h terá lugar a proxección de O mago de Oz no ciclo de cine familiar que organiza o Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa.
Este ciclo de cine familiar pretender recuperar o extraordinario hábito de acudir en familia ao cine, nuns tempos en que internet e as novas pantallas de ipads e tablets individualizaron o acto de compartir unha película. Nós reivindicamos que o cine debe verse en compañía e ás escuras, rodeado de estraños. Para iso, recuperaremos clásicos atemporais como “O mago de Oz”, éxitos descomunais como “Os Goonies” ou “Superman” e novos fitos do cine infantil como “Onde viven os monstros” ou “Os mundos de Coraline”. Un ciclo onde fomos moi esixentes ao facer a selección duns títulos que posúan valores universais e sobre todo unha gran calidade cinematográfica. Pensamos nos máis pequenos da casa, pero tamén nos maiores que lles acompañarán. Grandes películas de hoxe e de sempre para gozar en familia.
O mago de Oz. Dorothy, que soña con viaxar «máis aló do arco iris», ve o seu desexo feito realidade cando un tornado lévalla co seu perrito ao mundo de Oz. Pero a aventura só acaba de comezar, tras ofender á Malvada Bruxa do Oeste, aconsellada pola Bruxa Boa do Norte, a nena diríxese polo Camiño Amarelo cara á Cidade Esmeralda, onde vive o todopoderoso Meigo de Oz, que pode axudala a regresar a Kansas. A adaptación do libro de L. Frank Baum é quizá, a película infantil máis famosa da historia e a súa calidade fai honor á súa lenda.