PROXECCIÓN DE “O SHOW DE” NO LAV´011 DE VEDRA

15 / 02 / 2011

A produtora Domovoi dixital proxectará este sábado 19 de febreiro ás 20.30h nas xornadas da Mostra Audiovisual de Vedra 2011 a curtametraxe “O show de…” dirixida por Samuel Lema. “O show de…”, foi a curtametraxe mellor valorada pola Xunta de Galicia, na súa convocatoria de subvencións do 2010 e conta con un reparto excepcional: Vicente de Souza, Nuria Sanz, Fernando Tielve, Juanillo Esteban, Carlos Sante e César Aldea.

 “O show de…” conta a historia de MARIO, un garda de seguridade, pusilánime e freak, que ten problemas ca súa dona, a cal fuxe da realidade cotiá vendo o seu Reality favorito, O Show de… Un revólver con dúas balas, unha chamada telefónica e un ionqui lanzarán a MARIO ao estrelato mediático ca axuda de O Show de…

Esta curta, que conta con multitude de efectos visuais, gravouse íntegramente en Pontevedra e conta coa axuda e as aportacións dun montón de empresas da zona: Cettsa Seguridade, Catova, Claqueta Coqueta, Hospital la Merced ou Vanity Peluqueros.

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: