A proxección de cintas galardoadas nos Premios Mestre Mateo 2010 continúa este sábado 11 de xuño ás 18 horas no Centro Galego de Artes da Imaxe da Coruña, co pase de Jazz en liberdade -de Matriuska Producciones SL-, e Man Fred, home sen paz -de Infernos TV SL-, gañadoras ex aequo do premio á mellor longamentraxe documental. Ao remate das proxeccións, terá lugar unha charla coloquio na que participarán Simón Vázquez, director de Man Fred, home sen paz, e Luis Santiago, director de fotografía de Jazz en liberdade.
A programación continuará as vindeiras semanas coas proxeccións de Mar libre, de Daniel de la Torre, o 18 de xuño; e Radiografía dun autor de Tebeos de Setemedia, Marcos Nine Bua e Alicia Veira, e A Tropa de Trapo no país onde sempre brilla o sol, de Continental Producciones, Abano Producciones, Anera Films e La tropa de trapo S.L., ambas o 25 de xuño.
Lembrámosvos que a entrada aos pases é de balde.