O PROFESOR FRANCÉS MICHEL REILHAC OFRECERÁ UN CURSO SOBRE TRANSMEDIA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

13 / 06 / 2013

A Fundación Autor da SGAE vén de convocar o curso Estratexias transmedia, dirixido polo profesor francés Michel Reilhac. Esta actividade, de carácter itinerante, pasará por Madrid, Valencia, Bilbao e Barcelona antes de recalar en Santiago de Compostela o 21 de xuño.

Reilhac é escritor e profesor especializado no eido do transmedia, concepto que consiste nun modelo narrativo que ofrece ao espectador a posibilidade de interactuar a través de diversas plataformas, facendo dunha obra audiovisual unha experiencia persoal. O curso, organizado pola Fundación Autor, terá lugar ao longo de toda a xornada cun prezo xeral de 70 euros (30 euros para socios da SGAE). Poden formalizarse as inscricións no email: gnieves@sgae.es.

Categoría: Noticias
Etiquetas: