PROFESIONAIS DO AUDIOVISUAL AVALÍAN OS PROXECTOS DOS ALUMNOS DO MPXA NUNHA SESIÓN DE PITCHING

16 / 06 / 2014

O vindeiro, 20 de xuño, celebrarase no Máster en Produción e Xestión Audiovisual (MPXA), título propio da Universidade da Coruña que organiza a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, unha xornada de pitching na que os alumnos presentarán ante expertos do sector audiovisual os proxectos que realizaron ao longo do curso. O tribunal estará composto por Sonia Martínez, directora de fición de Atresmedia; Rosa Vilas, directora de Televisión de Galicia; Domingo Corral, director de contidos de Movistar TV; Pedro Revaldería, conselleiro delegado de Producciones Mandarina; e Alfonso Martínez, responsable de contidos e marketing de R.

Durante a sesión, os alumnos do MPXA deberán defender o proxecto individual que  esenvolveron, asesorados polos seus titores. Esta será a segunda vez que o fagan neste curso, xa que no mes de abril tivieron que enfrentarse a outro tribunal formado por produtores galegos.

Este ano os proxectos presentados foron moi diversos, dende longametraxes e varias series de fición, pasando por unha tv movie e unha serie de animación, ata varios formatos para televisión.

Na presentación dos traballos, os estudantes deberán empregar a técnica de pitching, moi utilizada polos produtores audiovisuais para vender as súas ideas. Posteriormente, o tribunal avaliará distintos aspectos de cada proposta e expondrá as súas posibilidades reais de desenvolvemento.

En anteriores edicións do MPXA os directivos presentes nestas xornadas se interesaron por algún dos traballos presentados e as súas empresas chegaron a producilos.

Categoría: Noticias
Etiquetas: