A Associación Morraceira presentou hoxe en Vila Nova de Cerveira, a primeira edición do Filminho – Festa do Cinema Galego e Português. Na presentación participaron o director do festival, André Martins, Xurxo González e Gustavo González. Tamén estiveron presentes o presidente de Cerveira, José Carpinteira, e a presidenta de Tominho (Galiza), Sandra González.
O Filminho: Festa do Cinema Galego e Português é un evento cinematográfico que se desenvolve no Minho (Alto Minho português e Baixo Minho galego) co obxectivo de promover un encontro entre os sectores audiovisuais de ambos os lados da fronteira, nos días 22 a 27 de xulio.
Ademáis da programación do festival, abordouse a situación da candidatura galego-portuguesa a Patrimonio Inmaterial da UNESCO.