PRESENTACIÓN DO XURADO DO 18OUFF

29 / 10 / 2013

O Festival de Cine Internacional de Ourense presenta o xurado que decidirá as películas gañadoras na súa decimoitava edición. Está composto por seis recoñecidos persoeiros do audiovisual galego, estatal e internacional: Monti Castiñeiras, Goya Toledo, Cristina Klandt, Ramón Costafreda, Belén Macías e Manuel Curiel. Monti Castiñeiras

Actor cunha ampla traxectoria que traballou en cinema, teatro, televisión e publicidade. Posúe unha ampla experiencia como actor de dobraxe, sendo unha das voces máis recoñecidas pola profesión.

 

Goya Toledo

Unha das actrices máis valoradas do cine español. Formada na interpretación con Cristina Rota, traballou á beira de grandes profesionais como Alejandro González Iñárritu, Fernando Colomo, Emilio Martínez Lázaro ou Pedro Olea.

 

Cristian Klandt

Formouse en Dirección na Escola  Konrad Wolf. Traballou como axudante de dirección para o cinema e para o teatro. As súas dúas películas pasaron polo OUFF: Weltstadt (Premio Calpurnia á Mellor Longametraxe, 2008) e Little Thirteen (2012).

 

Ramón Costafreda

Estudou Ciencias da Información. Foi director publicitario (recoñecido con 14 Pavos Reais), profesor de Realización Publicitaria na ECAM e director das tvmovies Más que hermanos, Abrígate ou Mà morta truca a la porta, así como de dúas series documentais.

 

Belén Macías

Dirixiu teatro e publicidade e televisión, onde tamén foi guionista. As curtas El puzzle e Mala espina recibiron máis de 70 premios. A súa primeira longa, El patio de mi cárcel, foi nomeada a 4 premios Goya. Na actualidade traballa na súa segunda longa, Marsella.

 

Manuel Curiel

Director da Semana Internacional de Cinema de Autor de Lugo. Crítico e colaborador cinematográfico de diversos medios de comunicación. Cineasta afeccionado, realizou tres películas, premiadas en varios festivais de cinema amateur, e produciu dous filmes en Arxentina.

Categoría: Noticias
Etiquetas: