PRESENTACIÓN DOS ÚLTIMOS TRABALLOS DE «XERMEM PRODUCIÓNS» NA FNAC DE A CORUÑA

29 / 01 / 2008

Hoxe, mércores 30 de xaneiro, ás sete e media da tarde, os integrantes de XERMEM Producións presentarán na cafetería da FNAC de A Coruña os seus últimos traballos. No acto, ademáis da presentación pública do equipo na cidade de A Coruña, proxectaránse dúas curtas de animación: «Non retornable» de Marcos Méndez e Eva Rey; e «O Crilo» de Raúl García e Martina Pérez; e, por outra banda, as curtametraxes «En el armario» protagonizada por Luis Zahera, Isabel Blanco, Monti Castiñeiras e Javier Gutiérrez e «Punto kilométrico 406» protagonizada por Estela Rodríguez e Raúl García, ambas realizadas polos integrantes de XERMEM Producións (Raúl García, Elena Gómez, Marcos Méndez, Jorge Mosquera, Martina Pérez e Eva Rey). Todas as curtas foron estreadas no ano 2007 e xa recibiron un importante número de galardóns na súa curta andaina polas salas e festivais estatais.
Os membros de XERMEM Producións estaremos encantados de contar coa túa presencia.

Un saúdo agarimoso
XERMEM Producións
www.xermemproducions.com

Categoría: Noticias
Etiquetas: