PRESENTACIÓN DE ANDREI TARKOVSKI EN OFF GALICIA

25 / 02 / 2011

O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI, rúa Durán Loriga, 10 baixo) proxecta mañá sábado 26 de febreiro (18.00 horas) “Los días blancos. Apuntes sobre el rodaje de Nostalghia, de Andrei Tarkovski” (2010), de José Manuel Mouriño. Haberá  unha presentación e coloquio posterior. O acto contará coa presenza do seu autor e o director da Fundación Luís Seoane, Alberto Ruiz de Samaniego.

LOS DÍAS BLANCOS. APUNTES SOBRE EL RODAJE DE NOSTALGHIA, DE ANDREI TARKOVSKI (España, 2010)
Dirección, guión e fotografía: José Manuel Mouriño. Produción: Madeleine Producciones, coa colaboración da Fundación Luis Seoane, AGADIC e Instituto Internacional Andrei Tarkovski. Duración: 60 minutos.
Pese a ser un dos filmes menos estudados e reivindicados da filmografía de Andrei Tarkovski, a súa primeira película rodada no estranxeiro, Nostalghia, condensa moitos dos principais argumentos que caracterizan toda a obra do xenial cineasta soviético. Segundo o seu autor, “o presente traballo pretende recuperar a verdadeira importancia daquela película a través dunha serie de pequenos apuntamentos: certas imaxes fundamentais (moitas inéditas), o relato dalgúns dos principais protagonistas daquela rodaxe ou o retorno aos lugares orixinais referidos na película, tanto en Italia (localizacións de rodaxe) como en Rusia”. Narración de Patricia Blanco, música de Bach e intervencións do guionista Tonino Guerra e o propio fillo de Andrei Tarkovski.

Categoría: Noticias
Etiquetas: