PRADOLONGO NA TVG O DÍA 31 DE MARZO

24 / 03 / 2009

O día 31 de Marzo ás 22:00 horas emitirase na TVG o filme PRADOLONGO, a longametraxe máis vista do cine galego, protagonizada por Rubén Riós, Tamara Canosa e Roberto Porto. Segundo os autores do filme, Pradolongo, recoñecido máis alá das nosas fronteiras, é unha película que fala da nosa forma de ser, de vivir, de namorarnos, de medrar. 

Os seus promotores afirman que Pradolongo levou ao cine a tódalas xeracións, tanto nenos como adolescentes e maiores, e lembran os galardóns recibidos pola longametraxe: Premio Cidade de San Sebastián. 56ª edición Festival de San Sebastián; Premio especial 13ª edición Festival de Cine Internacional de Ourense; Premio Jerry Goldsmith. Mellor banda sonora e mellor compositora novel; Premio Medalla de ouro Park City Film Music Festival. Park City, Estado de Utah ao sudoeste dos Estados Unidos. 

Máis información

www.pradolongo.net

www.meupradolongo.com

www.umbosquedemusica.com  

Categoría: Noticias
Etiquetas: