PRADOLONGO superou na súa primeira fin de semana en Ourense ao resto das películas en cartel, todas elas americanas. A película fixo máis de 1.200 espectadores nun só cine e nunha fin de semana. Ante o grande número de espectadores que quedou sen entradas os exhibidores tiveron que retirar unha das películas americanas para colocar outra copia a maiores de Pradolongo. O pasado xoves 3 de abril o filme foi proxectado en Vigo.
O venres 14 de marzo estreábase en Valdeorras «PRADOLONGO», a película de Ignacio Vilar protagonizada por Rubén Riós, Tamara Canosa e Roberto Porto, ademáis de outros actores galegos como Mela Casal, Gonzalo Rei Chao, Antonio Mourelos, Carlos Sante, Pepo Suevos, etc.
Ninguén imaxinaba entón a acollida que está a ter a película alá onde se estrea. Primeiro en Valdeorras, e dende esta última fin de semana en Ourense, a película ven de encher todos os pases nos que se proxectaba, facendo que incluso que desprazara a unha película das películas americana en cartel (algo que xamais ocorre cunha película non só do cine galego, nin tan sequera do español). Lembramos que Pradolongo está falada en galego de Valdeorras, e o seu equipo foi íntegramente galego.
A película ten público de todas as idades, e estase a dar o fenómeno de que leva ao cine a persoas que non foran ao cine en anos. Son proba destes datos os moitos comentarios que aparecen na páxina web que ven de facerse da película, unha web participativa recén construida para facerse eco das opinións dos espectadores e que xa ten un grande número de usuarios rexistrados sen ter feito ningún tipo de publicidade: www.meupradolongo.com
Como proba, estes son algúns dos comentarios:
“…estamonos a encargar de que todo noso entorno se de unha volta polo cine!!! esta a ser unha visita obrigada e da cal todos, sen excepcions saen cunha sorrisa ou incluso con añoranza. Conseguistes que todos nos buscasemos o noso pradolongo…» MAYTE
«…alegrame moito saber que a pelicula esta a ter moito exito e que conseguirades que os meu pais foran o cine dende ai moito tempo e foron duas veces!!!!» MARÍAFF
«…A min gustoume moito vela! Douvos a noraboa por faer que toda esa xente que non iban o cine volvan a ir e douvos a noraboa por esta pelicula tan especial e emocionante. Encantoume!!…» PAULA
«…Realmente sorprendeume moito quedei moitísimo máis que satisfeita, non me esperaba menos!!! Dicíades que cada un de nós íamos sentir a peli moi próxima e así foi! Sendo franca, todos os que aínda dubidedes en acudir a vela, non perdades máis tempo e achegádevos xa!!…» CATALINA
Estes e moitos outros comentarios están a ser deixados polos espectadores que xa viron a película, xa que na páxina web teñen a oportunidade de intercambiar impresións cos actores da película, a quen algúns deles puideron coñecer nas presentacións que están a facer por toda Galicia.
Ademáis, ante a entusiasta resposta está a piques de lanzarse a través da páxina web o concurso MERENDA PRADOLONGO, para o que se organizará unha viaxe ás lugares da rodaxe en compañía dos actores, e ao que terán acceso quen suba vídeos deixando as súas reaccións relacionadas coa película en www.meupradolongo.com.