A semana previa á Gala, teñen lugar os Encontros, proxeccións e mesas redondas onde os máis xoves teñen a oportunidade de ve-los traballos dos finalistas dos Premios Mestre Mateo e falar persoalmente con eles.
Ademais, é o espazo onde os finalistas de cada categoría se atopan e intercambian impresións previas ao veredicto do premio o día da Gala.
Nesta terceira edición introduciuse a novidade de proxectalos traballos dos finalistas, o que provocou unha grande participación dos alumnos e unha óptima implicación e colaboración por parte das escolas de imaxe e son de Galicia. Este foi o programa:
DÍA | CIDADE | ESCOLA | MESA | PROXECCIÓN | POÑENTES |
LUNS, 4 DE ABRIL | Ourense | CIFP A Farixa | Dirección de Produción | «Man Fred, Home sen Paz” «Koruño, legado de Hércules” «Spot Xacobeo Lobelle” «El mono Paco” |
Simón Vázquez Érika Esmorís Sara Horta Guillermo Souto |
MARTES, 5 DE ABRIL | Santiago de Compostela | O Raio Verde | Curtametraxes | «Leo y Mario (se dejan)” «Xoel y los X-Men” «Cribba, o vampiro” |
Sonia Méndez Farruco Castromán Daniel Montero |
MÉRCORES, 6 DE ABRIL | Vigo | IES Audiovisual de Vigo | Dirección | «Retornos” «Jazz en liberdade” «Para mariñeiros nós” |
Luis Avilés Xes Chapela Omar Rabuñal |
Vigo | Escola de Imaxe e Son de Vigo (EISV) | Obra experimental | «Canto de permanencia” «(Des)ahógate” «Manuscritos Pompeianos” |
Carlos Seijo Virginia Ramírez Marcos Nine |
|
XOVES, 7 DE ABRIL | A Coruña | EIS (Someso) | Son | «Voltar a casa” «Mar Libre” «Crebinsky” |
Pablo Beade Carlos García Xabier Souto |
VENRES, 8 DE ABRIL | Lugo | Fundación Tic | Realización | «Padre Casares” «Spot Turgalicia” «Hai que mollarse” |
Manuel A. Espiñeira Txabi Mira e Miguel Corujo X.A. Moure |