o público actual, calquera aspecto da vida ou da obra de Rosalía de Castro.Mañá xoves día 13 de decembro (18.00 e 20.30 horas) regresa no Centro Galego de Artes da Imaxe o ciclo dedicado a Luís García Berlanga cun dos títulos míticos da historia do cine español, Plácido (1961).
PLÁCIDO
(España, 1961)
Dirección: Luis García Berlanga. Guión: Rafael Azcona e Luis García Berlanga. Produción: Jet Films S.A. Fotografía: Francisco Sempere. Intérpretes: Cassen, José Luis López Vázquez. Duración: 85 minutos.
Unhas beatas organizan unha campaña de acollida de pobres para o día de Noitevella. O lema é “Sente un pobre á súa mesa”. No medio dos preparativos encóntrase Plácido, contratado para participar co seu motocarro na cabalgata. Pero ese mesmo día vence a primeira letra do motocarro, o seu único medio de vida. Memorable fresco social, excepcional manexo da coralidade dun magno grupo de intérpretes, hiperbólico uso da expresión grotesco-esperpéntica cultural, unha mostra da profundidade e das varias capas de lectura formal e narrativa do cine de Berlanga. Finalista ao Oscar á mellor película estranxeira.