EL PEQUEÑO REY MACIUS, MAÑÁ NO CGAI JÚNIOR

10 / 05 / 2013

Mañá, sábado 11 de maio a partir das 18.00h o Centro Galego de Artes da Imaxe proxecta para os máis pequenos da casa“El pequelo rey Macius”. Entrada de balde.

EL PEQUEÑO REY MACIUS / DER KLEINE KÖNIG MACIUS-DER FILM   
(Alemaña-Polonia-Francia, 2007)
Dirección: Sandor Jesse e Lutz Stützner. Guión: Hans-Werner Honert, Inés Keerl e Bernd Roeder, sobre o conto de Janusz Korczak. Produción: Saxonia Media Filmproduktion GmbH, Studio 88, Orange Studio Reklamy, Kinderkanal, HMM, HR, Disney Channel e Telewizja Polska. Duración: 83 minutos.  
Ao pouco de cumprir nove anos, o príncipe Macius enfróntase a un dos momentos máis difíciles da súa curta vida: seu pai, o Rei, morre e Macius debe subir ao trono. Así que acepta e asume o seu labor, o malvado Xeneral comeza a conspirar na súa contra. O Xeneral quere gobernar o país e, o máis importante, comeza unha guerra… Tras innumerables aventuras, o Xeneral debe aceptar a súa derrota e Macius decátase de que gobernar non é tan doado, é máis importante ter bos amigos en que confiar. Adaptación dun popular conto infantil do polaco Janusz Korczak, precedida pola serie televisiva homónima. Versión castelá. A partir de tres anos.

Categoría: Noticias
Etiquetas: