Pedro Revaldería, director general de Producciones Mandarina, estará o vindeiro 19 de abril no MPXA, Máster en Produción e Xestión Audiovisual, título propio da Universidade da Coruña e desenvolvido pola Fundación Santiago Rey Fernández Latorre, para falar do papel do produtivo executivo no mercado televisivo.
Revaldería analizará o proceso de produción e as técnicas de xestión e produción de ideas en televisión, así como o ciclo de vida dun formato de televisión e as claves do seu éxito. Ademais, fará un balance do panorama actual do mercado audiovisual.
Revaldería ocupou postos de responsabilidade en produtoras e canles públicas e privadas. Durante dous anos foi director xeral de Plural Entertainment e, anteriormente, traballou como director de produción e contidos en Telecinco, director de programas en Antena 3 e Canal Plus e director de produción e contidos de CITSA (Compañía Independente de Televisión de Sogecable).
Na actualidade é director xeral de Producciones Mandarina, unha das principais provedoras de contidos do grupo Mediaset, responsable de programas de entretemento como Lo sabe no lo sabe, Te vas a enterar, Qué tiempo tan feliz, o novo Qué hago yo aquí; e de reportaxes de actualidade e documentais de televisión como Miguel Ángel Blanco: el día que me mataron e La historia de la más grande jamás contada.
O venres, no MPXA, Revaldería fará unha análise do papel actual do produtor executivo en televisión e exporá casos prácticos dos modelos de traballo seguidos polas diferentes canles nacionais.