Pedro Revaldería , director de contidos de programas de produción propia en Tele 5, estará o venres 7 de marzo no MPXA (Master en Produción e Xestión Audiovisual), impartindo un master class sobre o Modelo de Produción Executiva Actual.
Durante esta xornada presentará o modelo de produción executiva que existe na actualidade, produto da coexistencia dun modelo de traballo desfasado con novas formas de organización laboral. Os profesionais, segundo Revaldería, viven un cambio de cultura onde os valores coma a flexibilidade, a innovación, a anticipación, o sinxelo e a negociación… se convirten en factores decisivos para acadar o éxito.
Antes de ser o director de contidos de Tele 5, Pedro Revaldería ocupou o posto de director de programas en Antena 3 e Canal Plus, así como tamén asumiu a de director de Producción en Sogecable