O Centro Galego de Artes da Imaxe proxecta hoxe martes 12 de novembro ás 18 e 20.30h o filme Paraíso: Fe de Ulrico Seidl dentro da sección Fóra de Serie.
PARADIES: GLAUBE / PARAÍSO: FE
(Austria-Alemaña-Francia, 2012)
Dirección: Ulrich Seidl. Guión: Veronica Frantz e Ulrich Seidl. Produción: Ulrich Seidl Film Produktion GmbH, Tatfilm, Société Parisienne de Production, ORF Film/Fernseh-Abkommen, WDR/Arte, ARD Degeto Film e Arte France. Fotografía: Wolfgang Thaler e Ed Lachman. Intérpretes: María Hoffstätter, Nabil Saleh. Duración: 116 minutos.
Segunda entrega dunha triloxía que retrata tres mulleres dunha mesma familia nas súas vacacións, tres mulleres na procura de felicidade. Esta segunda é Anna Maria, unha especialista en raios X, que vai dedicar o seu período de lecer a predicar en Viena a fe católica. O regreso do seu home, un musulmán exipcio, vai complicar as cousas. Premio Especial do Xurado en Venecia 2012 e mellor guión no Festival Europeo de Sevilla.