O director de cine Stephen Frears foi quen abríu a primeira xornada do II Congreso Galego Audiovisual que hoxe comezou no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela. Frears foi presentado por Enrique Nicarnor, director de United Media e Director de Mastercam Ecam, quen salientou a sensibilidade do cine que dirixe Frears. PARA STEPHEN FREARS, OS GUIONISTAS E ESCRITORES SON A CLAVE NA PRODUCCIÓN CINEMATOGRÁFICA
O director de cine abríu con interesante coloquio o II Congreso Galego Audiovisual
Santiago, xoves 16 decembro 2004.- O director de cine Stephen Frears foi quen abríu a primeira xornada do II Congreso Galego Audiovisual que hoxe comezou no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela. Frears foi presentado por Enrique Nicarnor, director de United Media e Director de Mastercam Ecam, quen salientou a sensibilidade do cine que dirixe Frears.
Frears abríu a xornada cunha orixinal intervención na que os asistentes, foron realmente os protagonistas do coloquio que o director de cine soubo amenizar gracias ó seu característico sentido do humor. Afirmou que o máis difícil que hai no cine, é face-la segunda película. O único que importa é face-la primeira película –dixo-, porque só se aprende a facer películas, facendo películas, porque a educación na filmografía é iso.
Ó longo da súa intervención Frears afirmou tamén que busca películas interesantes, porque senón lle interesan a el, difilmente lle interesarán ó público. Estableceu a diferencia entre crear para a Televisión e para o cine, por estar este tan sometido á presión publicitaria, feito que propiciou no seu caso particular, botar man da televisión pública para fuxir dos Productores que se aproveitan da industria do cine. Despois de desvela-las claves do seu traballo e os trucos para afronta-las películas e aprender a dici-las cousas con imaxes, afirmou e salientou a súa admiración polos escritores e guionistas, de quen dixo, son a clave dunha producción.
Todo unha clase maxistral a de Frears, a quen lle gusta dar forma ó que quere facer, e permite que os actores inventen sobre o guión, anque se ten que dicirlles que algo non lle gusta, non se corta e o di directamente. Dende un punto de vista realista, salientou tamén a superioridade do éxito americano co que temos que convivir inevitablemente, pero co noso propio corazón e botándolle moita imaxinación.