Tras unha semana de proxeccións exhibidas na Galería Caroní da Fundación Araguaney e o Teatro Principal, en sesión diarias de 12,00; 18,00; 20,00; 22,00 e 00,00 horas, pódese dicir que o Festival Amal foi todo un éxito. Con algo máis de 3.500 espectadores en total, o que fai una media de 700 asistentes diarios, a organización está máis que satisfeita pola participación do público. Participación á que habería que engadir o elevado número de persoas que formaron parte do festival dende outros puntos, coma foron os obradoiros de cociña, danza e caligrafía; o concurso de curtas Amal Express ou o Concurso Dar no Cravo.
Pasamos a comentar o palmarés do festival.
En Santiago de Compostela, o día 27 de outubro de 2011 reuniuse no Hotel Araguaney, o xurado da IX Edición do Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal, composto por:
– Dna. Yasmine Al Massri, Presidenta do xurado
– D. Haizam Amirah Fernández
– Dna. Najla Said
– D. Michael Desante
– Dna. Montse Besada
-Dna. Emma Lustres
-D. Abdulhamid Juma
e Coralie Yap-Chine, Coordinadora do Festival, presente como secretaria do xurado na reunión, con voz pero sen voto. O xurado reunido para a ocasión, procedeu a decidir ós premiados correspondentes a esta IX Edición nas seguintes categorías:
Mellor longametraxe de ficción: 5.000 € e trofeo.
Mellor longametraxe documental: 3.500 € e trofeo.
Mellor curtametraxe de ficción: 1.200 € e trofeo.
Mellor curtametraxe documental: 1.200 € e trofeo.
Mellor director: 4.000 € e trofeo.
Mellor actriz: Trofeo
Mellor actor: Trofeo
– Mellores longametraxes de ficción ex aequo as películas “Cairo exit”, de Hessham Issawi (“A Saída do Cairo”) e “Son of Babylon”, de Mohamed Al Daradji.
– Mellor longametraxe documental a película “This is my land, Hebrón” (“Esta é a miña terra, Hebrón”), de Giulia Amati y Stephen Natanson.
– Mellor curtametraxe de ficción: “Courte Vie” (Unha vida curta), de Adil El Fadili.
– Mellor curtametraxe documental: “Al Madina”, de Gonzalo Ballester.
– Mellor Actor: Yasser Taleeb pola súa interpretación en “Son of Babylon”, de Mohamed Al Daradji.
– Mellor atriz: Marhyam pola súa interpretación en “Cairo Exit” (“A Saída do Cairo”), de Hessham Issawi.
– Mellor director: Mohamed Al-Daradji por “Son of Babylon”.
– Premio da TVG: “Todos vós sodes capitáns”, de Oliver Laxe.
– Premio do público: “This is my land, Hebrón” (“Esta é a miña terra, Hebrón”) , de Giulia Amati y Stephen Natanson.
– Premio “Amal Express”: “(S)alas de revolución”, de Carlota Mosquera Rodríguez.